PONTE RURAL, é a conxunción de varias palabras que por si mesmas teñen un amplo abano de significados aplicables ao turismo rural. Por unha banda temos a Pontevedra, como ámbito xeográfico onde se atopan as casas representadas. Temos o verbo "poñer", nas súas diversas acepccións, e que todas elas fan referencia a coller algo, neste caso unhas vacacións. Temos tamen o significado de día laborable que se atopa entre dous festivos, e polo cal non se traballa, e que é usado por moitas persoas para collerse uns dias de descanso nunha das nosas casas de turismo rural, e que a sua vez é un concepto asimilado do seu outro significado, estructura ou elemento que serve para unir dúas cousas.

PONTE RURAL é un proxecto subvencionado polo IGAPE na liña IG109, denominado Proxectos de deseño compartido, polo cal veronse beneficados 20 establecementos adheridos a AGARIMO.

O proxecto consta da creación de unha imaxe común, PONTE RURAL, que identifica as 20 casas de turismo rural nas campañas de promoción e comercializacion que leva a cabo AGARIMO nas diversas accións promovidas pola Diputación de Pontevedra, Turgalicia, Accions de comercialziación en Asociacións comerciais, e outros proxectos.

Asimesmo, inclúese esta imaxe común, nos diferentes manuais de imaxe corporativa realizados para cada unha das casas participantes.

O manual de Ponte Rural podese descargar aqui.